Ames e Brión conmemoran A Batalla de Altamira este domingo con teatro e música
Despois de adiar varias actividades no mes de xuño debido á meteoroloxía adversa por choiva, volve “Altamira Brilla”, a festa histórica do Val da Maía, organizada polos Concellos de Ames e Brión, xunto coa Deputación da Coruña, para conmemorar a histórica Batalla de Altamira Terá lugar este domingo, 21 de setembro, e o programa inclúe a actuación dos grupos de pandeireteiras de Ames e Brión, o concerto do grupo Carmela, e unha representación teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns. […]