Blas García: “O Milladoiro vai vivir a maior transformación da súa historia”
O alcalde de Ames aborda a negociación duns orzamentos históricos de 38 millóns de euros, admite aspectos mellorables na humanización do Milladoiro pero lembra que se conseguiu suprimir o paso duns 10.000 vehículos diarios, e anuncia novos investimentos en vivenda, equipamentos e rural, ademais da celebración dun Campionato do Mundo que situará o municipio no mapa internacional. O alcalde de Ames, Blas García, pasou polos micrófonos de Radio Líder Santiago nunha entrevista na que repasou os principais retos do Concello: […]