«Solucionar o problema habitacional pasa por recoñecer que este é un dos principais problemas do país»
Acadar unha vivenda accesible en condicións adecuadas para todas as persoas é un dos principais obxectivos para o BNG de Ames. Ese interese levou aos nacionalistas a organizar este sábado 27 unha xornada sobre vivenda no Milladoiro na que expertos e asistentes debateron sobre a situación actual e o modelo de futuro. Ames, 29 de setembro de 2025. A xornada contou coa participación de María José Piñeira Mantiñán, docente e investigadora do IDEGA; Carlos Alberto García Novio, avogado especialista […]