Boiromotos 2026 encherá o Parque da Cachada de motor, exhibicións e música
O Parque da Cachada será o escenario, os días 24, 25 e 26 de xullo, dunha nova edición da concentración moteira Boiromotos 2026, organizada polo Motoclub Boiromotos coa colaboración do Concello de Boiro. O evento ofrecerá durante toda a fin de semana un amplo programa de actividades para persoas inscritas e público en xeral, con exhibicións, exposicións, actividades infantís, música e gastronomía. A programación arrancará o venres 24 ás 17.00 horas coa apertura das inscricións e a instalación de inchables. […]