A Mancomunidade do Camiño Francés reforza en Cantabria a relación co Camiño Lebaniego
A Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés realizou esta semana unha visita institucional a Cantabria para continuar fortalecendo a colaboración co Camiño Lebaniego e impulsar a conexión entre ambas rutas históricas de peregrinación. A expedición estivo encabezada pola presidenta da Mancomunidade e concelleira de Turismo de Arzúa, Begoña Balado, e contou coa participación de representantes dos once municipios galegos integrados nesta entidade. Durante a estancia, a delegación foi recibida na sede do Goberno de Cantabria, en Santander, pola presidenta […]