Ames acolle o XXXIII Campionato do Mundo IAU de 100 quilómetros con preto de 400 atletas
Xa está todo preparado para que o concello de Ames acolla mañá domingo, 20 de setembro, o XXXIII Campionato do Mundo IAU de 100 quilómetros. Trátase da proba máis relevante do atletismo internacional de ultrafondo que se celebra desde 1987. Na organización deste evento o Concello de Ames conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Deportes, do Xacobeo 2027, e da Deputación da Coruña. O campionato conta cunha participación récord de 392 atletas, entre os […]