Avanzan as obras para a conversión do Campo da Mina a herba artificial
O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do campo de fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial. As actuacións que se están a levar a cabo na instalación deportiva buscan converter o terreo de xogo, formado de árido e con desniveis importantes, a un campo de fútbol de céspede artificial dunhas dimensións exteriores de 100x56 […]