Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do campo de fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial.
As actuacións que se están a levar a cabo na instalación deportiva buscan converter o terreo de xogo, formado de árido e con desniveis importantes, a un campo de fútbol de céspede artificial dunhas dimensións exteriores de 100×56 metros. Ademais do propio terreo de xogo vanse instalar parabalóns e as barandas laterais, así como a mellora dos accesos ao terreo de xogo.
Logo da nivelación do terreo de xogo, levouse a cabo a aplicación dun pavimento continuo a base de aglomerado asfáltico sobre a que posteriormente se disporá o céspede artificial.
As obras que se están a executar ascenden aos 973.325,59 euros e están financiadas mediante o Plan de Obras e Servizos (POS+ Concellos) da Deputación da Coruña.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)