A Estrada vivirá a XII Carreira Nocturna o 21 de xuño
A inscrición quedará aberta este venres, manténdose ata o 19 de xuño. Preludio das festas patronais de San Paio, os participantes percorrerán de noite un circuíto urbano de 4 quilómetros, con dúas voltas para a categoría absoluta. A Estrada, 22 de maio de 2025.- O Concello da Estrada, en colaboración con Atletismo A Estrada, ten xa moi avanzada a organización dunha nova edición -a duodécima- da carreira popular Estranoite, tamén coñecida como a Nocturna Estradense. O evento marca, tradicionalmente, o […]