Ames elabora unha programación específica con motivo do Ano Castelao
O alcalde de Ames, Blas García, destacou “o 2025 está dedicado a Castelao e o Concello de Ames tamén quere sumarse a dita conmemoración, co cal imos a realizar distintas actividades. Imos a comezar coa exposición da reprodución deste cadro de Castelao” “Dita programación continuará no segundo semestre deste ano coa representación de dúas obras de teatro, unha para público infantil e outra para persoas adultas, e coa proxección dunha película sobre Castelao que se estrea neste mes de maio. […]