Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”
A concelleira de Turismo de Arzúa, Begoña Balado, fixo balance en Radio Líder Santiago da segunda edición da Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde, celebrada este domingo e que reuniu preto de 400 participantes nunha xornada marcada polo bo ambiente, o deporte e a natureza. Balado destacou que esta segunda edición “foi un éxito” e subliñou que o bo tempo tamén contribuíu a que os participantes desfrutasen aínda máis da experiencia. A edil puxo en valor as novidades incorporadas este […]