O Club de Patinaxe Artística Brión clasifícase para o Campionato de España
Dous segundos postos no Campionato Galego de Grupos Show aseguran, por cuarto ano consecutivo, o pase ao Campionato e á Copa de España. O pasado sábado 28 de febreiro e domingo 1 de marzo celebrouse en Vigo, no Pavillón Central das Travesas, o Campionato Galego de Grupos Show, unha cita clave na que os clubs participantes se xogaban a clasificación para o Campionato de España e a Copa de España. O Club de Patinaxe Artística Brión competiu o sábado coa […]