Brión reivindica unha «igualdade real entre mulleres e homes»
8 de marzo 2024.- “Concentrámonos nesta praza co fin de reivindicar a igualdade real entre mulleres e homes. Pois a igualdade formal témola adquirida dende hai moito tempo, pero a igualdade real, a que se palpa na práctica, a que vai máis aló da norma escrita é a máis difícil de conseguir, posto que supón unha transformación profunda no conxunto da sociedade, que ten que partir das actitudes individuais”. Con estas palabras, a concelleira de Igualdade de […]