Cibrán Alvar leva o ouro nacional e confirma o excelente momento da canteira do Compostela Esgrima
O tirador compostelán proclamouse campión de España M11 ex aequo tras un torneo perfecto, mentres Xoel Díaz foi noveno e Amelia Fernández rematou décimo cuarta no Criterium Nacional A canteira do Compostela Esgrima escribiu unha nova páxina na súa historia esta pasada fin de semana en Navas de Matute (Segovia), onde os seus tres representantes brillaron no Criterium Nacional M11 (menores de 11 anos), a principal competición estatal de promoción da categoría. Na que foi a primeira participación nacional do […]