Santiago volve ser o epicentro da cultura urbana co festival Compostela Street
A concelleira de Xuventude, María Rozas, e os organizadores do Compostela Street, Pablo Castiñeira e Alberto Muíño, presentaron a segunda edición do festival que chega chea de música, arte urbana e deporte, e tamén con unha ampla oferta de ocio dirixida a todas as idades. A tenenta de alcaldesa lembrou que “o xerme deste certame é o Compostela Skate, que recuperamos en 2024 co apoio da Concellaría de Mocidade despois dunha década sen celebrarse en Santiago, desde o convencemento de […]