AD

Arte y Cultura

Santiago volve ser o epicentro da cultura urbana co festival Compostela Street

today18 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD

A concelleira de Xuventude, María Rozas, e os organizadores do Compostela Street, Pablo Castiñeira e Alberto Muíño, presentaron a segunda edición do festival que chega chea de música, arte urbana e deporte, e tamén con unha ampla oferta de ocio dirixida a todas as idades. A tenenta de alcaldesa lembrou que “o xerme deste certame é o Compostela Skate, que recuperamos en 2024 co apoio da Concellaría de Mocidade despois dunha década sen celebrarse en Santiago, desde o convencemento de que os mozos e mozas queren participar da vida social e cultural e vivir os espazos públicos a través dos seus intereses e desde a súa linguaxe propia”. Nese sentido, salientou que “é significativo que dúas das propostas máis votadas pola mocidade no proceso dos orzamentos participativos fixeran referencia á cultura urbana”.

Pola súa banda, Alberto Muiño e Pablo Castiñeira agradeceron a implicación do Concello de Santiago “que fai posible este festival e permite repescar un evento que estivo adurmiñado durante moitos anos”. Os organizadores do Compostela Street salientaron que “ata hai pouco a cultura urbana era considerada cuestión de minorías, pero a realidade é que hoxe o consumo de música urbana está por riba do pop e tanto o breake como o skate chegaron a ser deportes olímpicos”. Ademais Pablo Castiñeira explicou que “falamos de disciplinas que poden ter un impacto moi positivo na adolescencia, porque permite un ocio activo e en grupo, fronte ao illamento e sedentarismo doutros entretenementos máis ligados ao uso de pantallas”.

Máis actividades e máis competicións

A segunda edición do Compostela Street trae a Santiago unha programación moi ambiciosa, que incorpora máis disciplinas vinculadas á cultura e ao deporte urbanos e que sitúa ao festival como sede de diferentes competicións.

Así, no marco do Compostela Street o Campus Sur acollerá o sábado 19 o Campionato de España de Breaking e o primeiro Campionato Nacional Open Ranked de World Chase Tag, unha competición de persecución deportiva vinculada ao parkour; e o domingo 20 celebrarase o Campionato Internacional de Freestyle Football, unha disciplina centrada no control corporal, as transicións, a creatividade e o ritmo co balón. Tamén se celebrará, vinculada ao festival, a final da Liga Xunta de Galicia de Break

Música e creatividade

A programación musical tamén se reforza nesta edición do Compostela Street, coa participación no festival de artistas dunha gran proxeccción entre o público novo. Así, para o venres 18 están previstas as actuacións de Lil Sam, Lgido e Santa Salut; e o sábado 19 de setembro será a quenda de Xián Pais, Faenna e XMaseda65.

Outra das propostas novidosas é a “Sabotaxe-Batalla de debuxantes”, na que varios artistas invitados terán que pintar nun espazo con diferentes soportes volumétricos, utilizando unicamente as cores branca e negra e enfrontándose a diferentes retos que un xurado lles imporá durante 90 minutos.

Actividades dos Orzamentos Participativos

Da man dos Orzamentos Participativos da área de Mocidade, á programación incorpóranse dúas propostas. A primeira delas, vinculada á música, será o venres 18, a partir das 20.00 horas, coas actuacións de DJ Mil e DJ Affair, e coa final da primeira edición do circuito de freestyle galego de Gallos del Norte.

Xa nos días 19 e 20, celebrarse a outra actividade relacionada co programa Compostela Decide: unha exhibición de muralistas e graffiteiros ao vivo, na que participarán Pow One, Asten, O Ras,Yoe 33 e Doctoy.

Oferta de ocio

O Compostela Street está deseñado como un festival no que ademais de ver, o público poida participar e achegarse a diferentes disciplinas. Así, haberá diferentes instalacións de uso libre, obradoiros dirixidos ao público infantil sobre temáticas variadas como tatuaxe, beatbox, break ou estampación; e tamén zona de mercado e área gastro.

O acceso ao festival é libre e de balde, así como a participación nas diferentes actividades.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *