Sanmartín envía á Xunta o protocolo para mellorar a integración urbana do CHUS
05/03/2024.- O Concello de Santiago enviou onte á Xunta de Galicia unha proposta de convenio na que se recollen unha serie de compromisos por ambas partes para mellorar non só a "calidade e cantidade dos servizos sanitarios" senón tamén a "mobilidade, as zonas de estacionamento e a adecuación ao territorio". Para isto, o Concello propón ao organismo autonómico a elaboración dun proxecto de interese autonómico (PIA) para a contorna do CHUS que estaría financiado nun 80% pola Xunta […]