As obras da área de descanso da Fervenza das Hortas, en Arzúa, encaran a súa recta final
A concelleira de Turismo, Begoña Balado, visitou os traballos, que estarán rematados a finais deste mes, e salientou a súa importancia para reforzar o modelo de destino verde polo que aposta Arzúa Arzúa, 15 de outubro de 2025.- O Concello de Arzúa continúa avanzando na posta en valor dos seus espazos naturais e turísticos. As obras de acondicionamento da área de descanso situada na parroquia de Dombodán, na baixada á Fervenza das Hortas, progresan a moi bo ritmo e está […]