Arzúa mellora a contorna da Casa do Peregrino
O Concello de Arzúa está a executar as obras de acondicionamento e mantemento da contorna exterior da Casa do Peregrino en Río Vello, unha actuación promovida pola Concellería de Turismo, dirixida por Begoña Balado, co obxectivo de mellorar este espazo e continuar poñendo en valor as infraestruturas de interese turístico do municipio. Os traballos inclúen a instalación de valados de madeira para delimitar parte da parcela, a mellora e saneado do camiño lindeiro e da zona de acceso á edificación, […]