Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello de Arzúa está a executar as obras de acondicionamento e mantemento da contorna exterior da Casa do Peregrino en Río Vello, unha actuación promovida pola Concellería de Turismo, dirixida por Begoña Balado, co obxectivo de mellorar este espazo e continuar poñendo en valor as infraestruturas de interese turístico do municipio.
Os traballos inclúen a instalación de valados de madeira para delimitar parte da parcela, a mellora e saneado do camiño lindeiro e da zona de acceso á edificación, a limpeza e acondicionamento do lavadoiro existente, a mellora do céspede, a instalación de catro bancos, unha papeleira e cinco puntos de luz, a pavimentación con costeiros de granito do espazo onde se sitúan os bancos, a plantación dun exemplar de ginkgo biloba e a retirada de tres árboles que presentaban numerosas pólas secas.
O proxecto conta cun investimento de 20.931,64 euros, IVE incluído, e permitirá mellorar a funcionalidade e a imaxe desta contorna, favorecendo a súa conservación e o seu uso en mellores condicións.
A concelleira de Turismo, Begoña Balado, destacou que «esta intervención responde ao compromiso do Concello por seguir mellorando os espazos públicos vinculados ao noso patrimonio e ao turismo, coidando a súa conservación e ofrecendo contornas máis accesibles, seguras e agradables».
Balado engadiu que «cada actuación que levamos a cabo contribúe a conservar e poñer en valor os recursos que identifican Arzúa, mellorando tanto a súa imaxe como a calidade dos seus espazos públicos”.
Escrito por Líder Redacción
arzua Arzúa Turismo begoña balado Casa do Peregrino Arzúa concello de arzua



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)