Cheo absoluto nas «Conversas co alcalde» en Bastavales e Os Ánxeles
As próximas citas terán lugar en Brión (sala municipal de exposicións) e Boullón (Teleclub de Tembra) ás 21:00 horas 9 de abril de 2026.- Gran resposta veciñal nas dúas primeiras sesións das “Conversas co alcalde”, unha iniciativa organizada polo Concello de Brión para “achegarnos aínda máis á veciñanza, presentarlles os proxectos que temos para a súa parroquia e, sobre todo, escoitar e recoller as súas propostas e demandas de cara a buscarlles unha pronta solución”, explica o alcalde, Pablo Lago. […]