Obradoiro gratuíto de defensa persoal para mulleres en Boqueixón
Boqueixón, 21 de novembro de 2025.- A Escola Judo Club Boqueixón e o Concello de Boqueixón organizan un obradoiro de defensa persoal para mulleres e mozas do municipio. Terá lugar o venres 28 de novembro, de 20:00 a 22:00 horas, no ximnasio municipal do Forte. A participación é totalmente gratuíta, se ben é preciso anotarse previamente no mail: escolajudoclub@gmail.com. Esta iniciativa está incluída no marco do proxecto Iberdrola Judo Rural e consistirá nunha sesión práctica, segura e adaptada para todos […]