AD

denuncia

182 Resultados / Página 4 de 21

Fondo
AD

Destacado

Polémica en Compostela: o futuro do solar de Peleteiro enfróntase á oposición veciñal

A Asociación Veciñal Raigame denunciou a existencia de “sombras e contradicións” na resposta municipal ás alegacións presentadas contra a futura urbanización do solar do antigo colexio Peleteiro, no Ensanche compostelán. O colectivo considera que esta actuación representa “a última oportunidade” para dotar ao barrio de servizos sociocomunitarios historicamente demandados. Segundo a veciñanza, o proxecto actual só contempla un espazo de arredor de 900 metros cadrados para uso social, considerado claramente insuficiente para unha poboación de preto de 30.000 residentes, cun […]

today25 marzo, 2026

Actualidad

O PSdeG denuncia dous meses de inacción do goberno de Sanmartín tras o desprendemento na rúa Berlín

Marta Abal advirte de que as medidas adoptadas polo goberno da señora Sanmartín son “claramente insuficientes” e non garanten a seguridade. A concelleira socialista pregunta “que ten que pasar” para que o Concello actúe e evite novos desprendementos. Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026. A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal denunciou a inacción do goberno da señora Sanmartín tras o desprendemento producido a mediados de xaneiro na intersección da rúa Berlín coa rúa Lisboa, cando as […]

today12 marzo, 2026

Actualidad

O PSdeG denuncia a deixadez do bipartito co patrimonio escultórico de Santiago

Marta Abal critica o estado do conxunto escultórico de Leopoldo Nóvoa en Bonaval e reclama a súa restauración inmediata. A concelleira socialista advirte dun “patrón preocupante” de abandono e falta de mantemento do patrimonio artístico da cidade. Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2026. A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal denunciou a deixadez do goberno bipartito do BNG e Compostela Aberta co patrimonio escultórico da cidade e reclamou unha actuación inmediata para garantir a súa conservación e […]

today10 marzo, 2026

Comarca

Malestar en Ribeira polos apagóns de varios días en distintas zonas do municipio

O BNG reclama ao Goberno local unha resposta áxil ante as reiteradas caídas da iluminación pública en Ribeira e parroquias O BNG de Ribeira quere poñer o foco na necesidade de mellorar a xestión e o seguimento da iluminación pública municipal despois das múltiples incidencias rexistradas ao longo deste inverno en diferentes parroquias e tamén en zonas do núcleo urbano. Segundo informa o concelleiro Xabier Vidal, nos últimos meses, foron numerosas as comunicacións que recibiron de veciñas e veciños alertando […]

today3 marzo, 2026

Comarca

O BNG esixe explicacións sobre a situación actual de «abandono» de Radio Ordes

O portavoz do Grupo Municipal do BNG, Pablo Vidal Ríos, vén de rexistrar un rogo dirixido ao alcalde no que solicita a convocatoria urxente do Consello da Emisora Municipal para abordar a situación actual de Radio Ordes. A iniciativa preséntase ao abeiro do artigo 97 do Real Decreto 2568/1986, que regula o funcionamento das entidades locais. Desde o Bloque sinalan que levan tempo advertindo dun “progresivo deterioro” da emisora municipal, que —segundo lembran— chegou a contar con programación propia tanto […]

today27 febrero, 2026

Actualidad

O PSdeG de Santiago denuncia o abandono “insostible” do parque empresarial da Sionlla

Marta Abal advirte de que o deterioro afecta á imaxe de Santiago e á súa capacidade para atraer investimento. As e os socialistas preguntarán no pleno cando prevé o Goberno da señora Sanmartín completar a constitución definitiva do organismo encargado do mantemento da área empresarial. Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2026. O Grupo Municipal Socialista levará ao pleno deste xoves unha pregunta sobre a situación do parque empresarial da Sionlla e os atrasos na constitución da súa Entidade […]

today24 febrero, 2026

Actualidad

Marta Abal: «Os centros socioculturais de Santiago viven o peor momento da súa historia»

O Grupo Municipal Socialista esixirá no pleno deste mes que o Concello asuma de forma transitoria a xestión directa se a licitación queda deserta, como única vía para poñer fin á parálise do Goberno Bipartito e recuperar o servizo canto antes. Os socialistas defenden esta medida excepcional como garantía para protexer os dereitos das persoas usuarias e das máis de 60 traballadoras e traballadores que permanecen atrapados nunha situación sen solución. Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2026. O […]

today20 febrero, 2026

Actualidad

Borja Verea: “O BNG quere levar O Son do Camiño a Ferrol ou A Coruña?”

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, denunciou no Parlamento de Galicia que o BNG compostelán “está a cuestionar e a atacar publicamente a celebración do Son do Camiño ata o punto de dar a entender que non o queren en Santiago”. Verea criticou que os nacionalistas atacasen o festival nunha intervención no Parlamento diante do director xeral de Turismo, algo que cualificou de “irresponsabilidade absoluta”. “Se non queren O Son do Camiño en Santiago, que o digan […]

today17 febrero, 2026

Comarca

A CIG denuncia pingueiras, frío e cheiros a fosa séptica no Centro de Saúde de Santa Comba

  A CIG-Saúde da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza convoca unha concentración para denunciar o estado de abandono, o 19 de febreiro ás 11:00 horas Santa Comba, 13 de febreiro de 2026.- A CIG-Saúde da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza vén de anunciar a convocatoria dunha concentración diante do Centro de Saúde de Santa Comba baixo o lema “Pola seguridade nos postos de traballo. Coa nosa saúde non se xoga”, en protesta polo grave deterioro que sofre, desde […]

today13 febrero, 2026

AD