Chega a Santiago o desfile do martes de Entroido con 16.000 euros en premios
Carrozas, comparsas e charangas concentraranse dende as catro e media da tarde do martes na avenida de Ferrol, para comezar unha hora máis tarde o desfile de Entroido. Unha vez rematado o percorrido, as persoas participantes concentraranse na Sala Capitol, onde a partir das 20.00 horas terá lugar a actuación da charanga Ardores, e, posteriormente, ás 21.00 horas, a entrega dos premios, das mans da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a concelleira de Festas, Pilar Lueiro; e outros membros da […]