AD

Actualidad

«Festas do Apóstolo» gañadores do Entroido compostelán nas categorías de comparsa e carroza

today14 febrero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

14/02/2024 Compostela viviu o día grande do Entroido con tradicional desfile polas rúas da cidade. Os participantes concentráronse na avenida de Ferrol para logo desfilar polas rúas de Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Senra e avenida de Xoán Carlos I. A entrega de premios celebrouse na Sala Capitol, coa presenza da alcaldesa, Goretti Sanmartín, e doutros integrantes da Corporación municipal.

A triunfadora da noite na modalidade de carrozas foi a denominada «Festas do Apóstolo», de Santiago, que levou o premio de 2.500 euros. Segunda e terceira clasificadas quedaron «Mar de heroes» e «Aspas en el país de las maravillas», que levaron, respectivamente, 1.500 e 1.000 euros.

Na categoría de comparsas, o xurado tamén elixiu como gañadora a titulada «Festas do Apóstolo», de Santiago, que recibiu un galardón de 2.000 euros. «Exoplaneta Conxo K2-18B «e «Escolas da Inmaculada» quedaron en segundo e terceiro lugar, levando 1.500 e 1.000 euros, respectivamente.

Tamén recibiron premios especiais as mellores comparsas dos barrios e parroquias de Santiago de Compostela, que se fixeron con 1.200, 600 e 400 euros como agasallo. As triunfadoras foron, por esta orde, «Aspas en el país de las maravillas», de San Marcos; «A ruliña de Laraño»; e «Troglofesta».

O xurado elixiu a «Dando a nota», «As arañas do monte Viso» e «O noso mar» como os mellores grupos caracterizados. Para eles foron os premios de 700, 400 e 200 euros.

A parella máis orixinal foi a denominada «Recordos da miña infancia para a miña neta», que recibiu un premio de 300 euros. Finalmente, os mellores disfraces individuais foron para «O regreso dos dinosaurios», «Begoña Moreira España» e «Alegría», premiados con 300, 200 e 100 euros, respectivamente.

Queima do Meco

O Entroido 2024 remata «oficialmente» hoxe ás 20:00 h co acompañamento do Meco dende o Toural, que fará o seguinte percorrido: rúa Nova, rúa do Vilar, rúa da Senra, rúa de Doutor Teixeiro, rúa da República do Salvador ata chegar á praza Roxa, onde será queimado arredor das 21:00 h. Acompañarán ao Meco unha comitiva de loito amenizada pola música das comparsas Conformistas de Conxo, A Ruliña de Laraño e Os Armatroulas de Laraño. Todas as persoas que desexen participar, deberán vestir rigoroso loito para a ocasión.

O sábado 17 de febreiro aínda se poderá desfrutar da festa co desfile das Xeneraliñas da Semente ás 12:00 horas con saída desde Santa Clara e vivas e atranques ás 12:30 horas na praza de Cervantes.

O mesmo día 17 de febreiro tamén se poderá desfrutar da festa cos Entroidos rurais en Compostela a partir das 18 horas e co Entroido de Conxo, cunha ampla programación ao longo de toda a xornada que inclúe pasarrúas, exposición concurso, sesión vermú, xantar e foliada entre outras actividades, con organización a cargo da Coordinadora de Festas Tradicionais do barrio.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%