Pillado ao volante en Santiago sen carné, sen seguro e baixo os efectos da cocaína
A Policía Local de Santiago denunciou a un condutor que foi sorprendido de madrugada na rúa Galeras, conducindo sen nunca ter obtido o carné, sen seguro obrigatorio e, ademais, dando positivo en cocaína. Os axentes detivérono ás 4:20 horas e agora está a ser investigado por un delito contra a seguridade viaria. Este non foi o único caso da xornada, xa que unha condutora, implicada nun accidente entre tres vehículos que tivo lugar ás 16:40 horas na praza de Galicia, […]