Ames organiza o VII Día do Deporte este venres 19 de setembro no Milladoiro
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza un ano máis o Día do Deporte, unha xornada na que se organizan unha ampla variedade de actividades deportivas e que se celebrará este venres, 19 de setembro, na área deportiva do Milladoiro, de 16:30 a 20:00 horas. A veciñanza poderá gozar de diferentes actividades dirixidas como aerozumba, spinning ou baile moderno, así como de piragüismo, atletismo, xadrez, baloncesto, ciclismo, fútbol sala, tenis, ximnasia rítmica, patinaxe, judo e […]