Campaña conxunta de doazón de sangue entre ADOS e o Obradoiro
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Monbus Obradoiro presentaron unha campaña especial que terá lugar o 20 de novembro, destinada a fomentar o altruísta xesto da doazón de sangue entre os veciños e veciñas de Santiago de Compostela. A campaña de doazón celebrarase o 20 de novembro na Praza Roxa de Santiago de Compostela, onde se instalará unha unidade móbil de ADOS, de 09:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas, para atender a […]