AD

dodro

41 Resultados / Página 2 de 5

Fondo
AD

Comarca

Dodro aproba en pleno o inicio da licitación do Servizo de Axuda no Fogar

A licitación aprobouse só cos votos a favor do PSdeG-PSOE, e o BNG. Unidade Veciñal de Dodro e Xente de Dodro votaron en contra desta licitación. A abstención do PP, posibilita a súa aprobación. Dodro, 23 de marzo do 2025 – O Salón de Plenos de Dodro acolleu o pleno ordinario de marzo no que, entre outros temas, conseguiuse aprobar o proceso de licitación do Servizo de Axuda no Fogar, SAF, por un importe anual de mais de 660.000 €. […]

today24 marzo, 2025

Comarca

VIDEO | Sete concellos piden ampliar a zona sen peaxes da AP-9 entre Santiago-Padrón

O alcalde de Ames, Blas García, dixo “isto xorde dunha proposta feita polo Concello de Ames e á que se foron unindo os Concellos de Padrón, Dodro e mailos Concellos do Barbanza. O que pedimos é fundamentalmente dúas cousas; a primeira é que se nos teña en conta aos Concellos á hora de falar da liberalización ou gratuidade da AP-9, e por outro lado, pedimos que esa liberalización se faga dunha vez se é posible, e se non, que se […]

today25 febrero, 2025

Comarca

Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira insisten na gratuidade da AP-9, de modo especial entre Padrón-Santiago

Os alcaldes asinarán mañá, martes 25 de febreiro, un documento que será remitido con efecto inmediato ao Ministerio de Transportes e Infraestruturas A sinatura producirase ás 13.00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e inmediatamente despois, os alcaldes ofrecerán unha rolda de prensa Ames, 24 de febreiro de 2025.- Os Concellos de Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira asinarán mañá, martes 25 de febreiro, ás 13.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, un documento reclamando […]

today24 febrero, 2025

Comarca

Anxo Arca e Ramón Tojo inauguran o Programa de Emprego Dodro 24-25 para 100 desempregados

• A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración financia esta formación cunha subvención de 220.000 euros • Neste programa participan os concellos de Rois, Padrón, Dodro, Valga, Catoira e Pontecesures Padrón. 20-1-2025. O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e Rois, Ramón Tojo, asistiron este 17 de xaneiro ao acto de inauguración do Programa Integrado de Emprego (PIE) de Dodro 2024-25, no que participan os municipios de Rois, Padrón, Dodro, Catoira, Pontecesures e Valga para formar a 100 persoas demandantes de […]

today20 enero, 2025

Comarca

Dodro destinará o POS+ adicional ao Servizo de Axuda no Fogar

O pleno ordinario de xaneiro aprobou tamén a delegación na Deputación da Coruña da inspección de construcións, instalacións e obras e da taxa urbanística Dodro, 15 de xaneiro do 2025 – O concello de Dodro celebrou este martes 15 o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro. En el aprobou destinar o POS+ adicional 1/2025 para gastos sociais extraordinarios ao Servizo de Axuda no Fogar. O POS en cuestión supón para o concello de Dodro un total de 33.133 euros […]

today15 enero, 2025

Comarca

Dodro entrega o XXXVII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

O poeta Miguel Cavadas Docampo recibiu este sábado o XXXVII Premio de Poesía Lorenzo Baleirón, que organiza o concello de Dodro, do que foi gañador pola obra “Himno nacional”. O CPI de Dodro acolleu na tarde do pasado sábado o acto de entrega do XXXVII premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón que organiza anualmente o concello. O poeta Miguel Cavadas recibiu o premio de mans do alcalde, Xabier Castro, e do concelleiro de Cultura, Ramón Abuín. O xurado do certame […]

today16 diciembre, 2024

Comarca

O BNG esixe á Xunta a urxente mellora do transporte público en Dodro

  Reclama que se cumpra a iniciativa nacionalista aprobada no pleno municipal que recolle ampliación de liñas e máis bonificacións Dodro, 10 de decembro de 2024.- O BNG esixe á Xunta a mellora urxente do transporte público de Dodro coa ampliación de liñas e máis bonificacións, en especial para a mocidade. Demanda que cumpra os contidos da iniciativa do BNG de Dodro aprobada en sesión plenaria por maioría e que recolle, entre outras cousas, ampliar a frecuencia de autobuses entre Dodro […]

today10 diciembre, 2024

Arte y Cultura

Miguel Cavadas Docampo gaña o XXXVII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

O poeta Miguel Cavadas Docampo obtén coa súa obra "himno nacional" o XXXVII Premio de Poesía Lorenzo Baleirón 2024, convocado polo Concello de Dodro. Dodro 23 de novembro do 2024 – O xurado do certame acordou, por maioría, outorgarlle o galardón a este traballo destacando "A frescura dunha voz poética que nos convida, sen ornamentos e dunha maneira moi honesta, a unha reflexión sobre os distintos xeitos de vivir o desarraigamento, o conflito de identidade que supón abandonar o fogar. […]

today23 noviembre, 2024

Comarca

A falta de apoios ao plan estratéxico xeral fai perigar as subvencións en Dodro

Os votos en contra de Xente de Dodro e Unión Veciñal de Dodro, xunto coas abstencións de BNG e PP, fan que entidades como Cáritas ou o Club Deportivo Dodro queden sen as axudas comprometidas Dodro, 13 de setembro do 2024 – Onte tivo lugar o pleno ordinario de setembro no concello de Dodro. Hai que salientar puntos como a aprobación da Conta Xeral do 2023, ata tres mocións relativas á suba do canon de SOGAMA, dúas sobre transporte público […]

today16 septiembre, 2024

AD