AD

Entrevista

348 Resultados / Página 1 de 39

Fondo
AD

Destacado

Ana Isabel Álvarez Goyanes, artista plástica, no Fala que Fala: «O galego é un espazo de encontro»

O alumnado do IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos converteuse por un día en protagonista radiofónica entrevistando á artista plástica e docente Ana Isabel Álvarez Goyanes, no marco do programa Fala que Fala, emitido por Radio Líder. Durante a conversa, conducida por dúas alumnas de segundo da ESO, Álvarez Goyanes fixo un percorrido pola súa traxectoria vital e profesional, lembrando os seus anos como profesora de Educación Plástica no centro, onde exerceu durante 14 anos. “O IES da […]

today4 febrero, 2026

Destacado

Verea: “Acordarse un ano antes das eleccións de escoitar aos veciños (dous días ao mes) é unha tomadura de pelo”

O presidente do PP de Santiago acusa ao Goberno local de afastarse da veciñanza, de danar o turismo e de converter a cidade “nun caos sen responsables”, mentres se presenta como a única alternativa de cambio de cara a 2027. O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, inaugurou o calendario de entrevistas políticas de 2026 en Radio Líder cunha análise moi crítica do estado da cidade e da acción do Goberno municipal. Segundo afirmou, o novo ano comeza […]

today15 enero, 2026

Destacado

Antonio Leira, deputado provincial: “A prioridade número un é sacar adiante o proxecto da Avenida da Grabanxa”

O deputado provincial socialista defende a xestión da Deputación da Coruña, destaca o impulso da Vía Verde e responde ás críticas do alcalde de Oroso, asegurando que o proxecto de humanización da Avenida da Grabanxa “está listo para saír adiante en canto o Concello complete o trámite técnico pendente”. O deputado provincial Antonio Leira foi entrevistado nos micrófonos de Radio Líder Santiago, nunha conversa extensa e chea de contido político, institucional e persoal. O representante da Deputación da Coruña repasou […]

today8 diciembre, 2025

Actualidad

As Cancelas enciende la Navidad este sábado con un fin solidario a favor de Asanog

El espíritu navideño llega a Santiago de Compostela con el encendido solidario de As Cancelas, que este año contará con la presencia de César Romero y María Mera como presentadores. El evento, que se celebrará este sábado, incluirá el musical El Grinch y una campaña solidaria en favor de la Asociación de Niños con Cáncer de Galicia (Asanog). Por cada bastón de caramelo solidario recogido, el centro donará un euro a la entidad. “Estoy muy contento de poder vivir con […]

today28 noviembre, 2025

Comarca

Rianxo encara 2026 cunha ambiciosa remodelación da fachada marítima e a posta en marcha do Centro de Día

O 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, foi o punto de partida dunha conversa ampla con Julián Bustelo, alcalde de Rianxo, quen repasou a actualidade municipal e social nunha entrevista na que reivindicou a loita pola igualdade, a responsabilidade institucional e o compromiso co municipalismo. “Tristemente temos que seguir marcando este día no calendario para denunciar a violencia que sofren as mulleres polo simple feito de selo”, afirmou Bustelo, lembrando que en Rianxo “todas as administracións […]

today27 noviembre, 2025

Destacado

Ana Pontón acusa ao PP de “corrupción institucionalizada” e propón unha tarifa eléctrica galega e banca pública

  A portavoz nacional do BNG participou nos “Almorzos do Gran Hotel Los Abetos”, emitidos por Radio Líder, nunha entrevista intensa onde abordou temas como a vivenda, a sanidade, o medio rural, a lingua, a economía e o modelo enerxético. Reivindicou políticas públicas para frear o declive demográfico, garantir servizos básicos e rematar co “abandono planificado” do rural. Redacción, 29 de outubro de 2025.- Nun momento político determinante, coa vista posta nas eleccións autonómicas, a portavoz nacional do BNG, Ana […]

today29 octubre, 2025

Actualidad

Pedro Blanco en Radio Líder: Estado forte, diálogo sen medo coa Xunta e candidatura a Santiago

  O delegado do Goberno en Galicia, entrevistado en 'Los Desayunos del Gran Hotel Los Abetos', sinala a "lentitude extrema" da Xunta cos fondos europeos, revela que Galicia é a terceira comunidade máis segura e avoga por "acordos de coxestión" na AP-9 e mais infraestruturas Redacción, 02 de outubro de 2025.– O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, utilizou o novo formato de entrevista ‘Los Desayunos del Gran Hotel Los Abetos’ en Radio Líder para trazar unha liña […]

today7 octubre, 2025 2

Actualidad

«O Victoria Feminino compite na mesma categoría ca o Compos, precisamos tamén o apoio da cidade»

Isabel Vilaseco, nova membro da directiva do Victoria CF Feminino, repasou os logros do club e detallou os actos do décimo aniversario da sección, que inclúen unha gala, encontros interxeracionais e visitas a centros escolares. Santiago de Compostela acolle estes días a celebración dos dez anos da creación da sección feminina do Victoria CF, unha das entidades deportivas con máis base en Galicia. Para conmemorar esta data, o club organiza unha serie de actos que inclúen mesas redondas, encontros interxeracionais, […]

today17 septiembre, 2025

Destacado

Soan os primeiros nomes para encabezar a lista do PSdG en Santiago no 2027: «Todos serían bos candidatos»

O novo deputado socialista e secretario xeral do PSdeG en Santiago critica a parálise da cidade, reclama máis investimentos da Xunta e avanza que o partido xa prepara un proxecto de futuro para 2027. Aitor Bouza, secretario xeral do PSdeG en Santiago, afronta desde esta semana unha nova etapa como deputado no Parlamento de Galicia. Na súa primeira entrevista tras confirmarse a súa entrada, en Radio Líder Santiago con Álvaro Veiga, amosouse “con moita ilusión e responsabilidade” e subliñou que […]

today11 septiembre, 2025

AD