AD

entroido

39 Resultados / Página 1 de 5

Fondo
AD

Comarca

Máis de 200 persoas participan no Desfile de Entroido do Pino, seguido por numeroso público

  ‘O Imserso de 4º da ESO’ do CPI Camiño de Santiago gaña o primeiro premio na categoría de comparsas  ‘O tren turístico de Bama’ e ‘A maxia das cerdeiriñas’ levan o premio nas categorías e carroza e orixinalidade A Charanga NBA abriu o desfile dunha festa que rematou coa actuación da orquestra Trébol O Pino. 23-2-26.- O primeiro desfile de Entroido organizado polo Concello do Pino foi todo un éxito. Máis de 200 persoas participaron no XXVI Concurso de […]

today23 febrero, 2026

Destacado

Rúas ateigadas para celebrar o gran día do Entroido en Compostela

O Desfile-Concurso do Entroido de Santiago converteuse este ano nun auténtico éxito de participación e ambiente, confirmándose como unha das citas máis agardadas do calendario festivo compostelán. Centos de persoas tomaron parte nunha comitiva que arrancou ás 17.30 horas desde a avenida de Ferrol, enchendo de cor, música e creatividade as rúas Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra, ata rematar na avenida de Xoán Carlos I. Ao longo de todo o percorrido, milleiros de veciños […]

today17 febrero, 2026

Destacado

Chega a Santiago o desfile do martes de Entroido con 16.000 euros en premios

Carrozas, comparsas e charangas concentraranse dende as catro e media da tarde do martes na avenida de Ferrol, para comezar unha hora máis tarde o desfile de Entroido. Unha vez rematado o percorrido, as persoas participantes concentraranse na Sala Capitol, onde a partir das 20.00 horas terá lugar a actuación da charanga Ardores, e, posteriormente, ás 21.00 horas, a entrega dos premios, das mans da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a concelleira de Festas, Pilar Lueiro; e outros membros da […]

today17 febrero, 2026

Comarca

Lendo a Rosalía e Civilizacións, gañadores do concurso infantil de disfraces de Ames

Os mellores disfraces foron: na categoría individual o primeiro premio de 100 euros foi para Lendo a Rosalía; o segundo premio dotado de 75 euros recaeu en A dama dos 1823 corchos; e o terceiro premio de 50 euros foi para Caixas musicais Na segunda categoría, o primeiro clasificado foi Civilizacións da ANPA Millapeques da EEI do Milladoiro, que levou un premio de 300 euros; o segundo premio de 200 euros foi para Alicia en el país de las maravillas; […]

today16 febrero, 2026

Arte y Cultura

A tradición dos Atranques resiste en Sergude pese ao temporal

Boqueixón, 16 de febreiro de 2026.- Aínda que a meteoroloxía quixo ser a protagonista da xornada, as gañas de Entroido e de festa da veciñanza impuxéronse a unha chuvia continua e intensa durante toda a xornada. Algo que agradeceron especialmente dende a Comisión de Festas de Lamas (Sergude), con mención especial para as persoas que percorreron a parroquia durante a mañá formando parte dos Correos, Xenerais e Comparsas cos seus cantos de taberna e acompañados polo grupo local “Son de […]

today16 febrero, 2026

Comarca

Ovidio Rodeiro reivindica o investimento histórico en saneamento e pon en valor o músculo festivo de Boqueixón

O alcalde debulla na radio os grandes proxectos en marcha —2 millóns para completar o saneamento, novas Casas do Maior e melloras en infraestruturas— mentres anima a participar na Festa da Filloa e no Entroido de Sergude O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, fixo balance da actualidade municipal nunha entrevista radiofónica na que combinou reivindicación institucional, datos de investimento e unha firme defensa das tradicións locais. Nun momento clave do calendario, coa Festa da Filloa de Lestedo en marcha e […]

today14 febrero, 2026

Comarca

A Estrada repartirá preto de 6.000 euros en premios no concurso de disfraces

O Concello da Estrada aprobou hoxe as bases reguladoras do concurso de disfraces do Entroido, que se celebrará o vindeiro luns 16 de febreiro, cunha dotación económica total de 5.860 euros, unha contía que duplica a do pasado ano, cando se repartiran 2.860 euros. O incremento busca fomentar a participación e mellorar a vistosidade das comparsas e disfraces. Entre as principais novidades desta edición figura a incorporación de puntuacións máximas nos criterios de valoración, así como a concreción do premio […]

today5 febrero, 2026

Actualidad

O Entroido de Arzúa reforzase con dúas citas impulsadas por Frela Entroideira co apoio das concellerías de Turismo e Cultura

O Entroido volverá ter un protagonismo especial en Arzúa coas dúas citas organizadas polo colectivo veciñal Frela Entroideira, unha iniciativa nacida do compromiso e da implicación da veciñanza, que conta co respaldo do Concello de Arzúa. As actividades desenvolveranse os días xoves 12 de febreiro, coincidindo co Xoves de Comadres, e sábado 14 de febreiro, coa celebración da 2ª Frela Entroideira, dúas xornadas pensadas para reforzar o ambiente festivo e a convivencia arredor do Entroido arzuán. Un colectivo veciñal implicado […]

today27 enero, 2026

Comarca

O Entroido de Padrón amplía os premios para as grandes comparsas

O certame, que repartirá máis de 6.400 euros en premios directos, celebrarase o sábado 21 de febreiro O primeiro premio para comparsas de máis de 20 membros aumenta ata os 1.400 euros para atraer ao mellor talento e creatividade da comarca O prazo para inscribirse remata o xoves 19 de febreiro ás 14.00 horas Padrón. 19-01-2026.- O Concello de Padrón organiza unha nova edición do Concurso e Desfile de Entroido, que se celebrará o sábado 21 de febreiro, consolidándose como […]

today19 enero, 2026

AD