A Praza de Galicia, na Estrada, estreará este domingo a escultura da familia Castelao-Pereira
A elección do día e do lugar non é casual: este domingo cumpriranse 70 anos dende que o propio Castelao ofreceu neste mesmo emprazamento estradense un discurso histórico. Cun peso de 250 quilogramos, está fundida en bronce, cun tamaño de dous metros. Quedará colocada, no marco do Ano Cultural Virxinia Pereira, a carón da fonte. Tamén se instalará, gravada sobre un mapa de Galicia, a “Carta aos estradenses”, que o insignie galeguista escribiu na revista “Unión Estradense”. A Estrada, 23 […]