AD

fala galego

6 Resultados / Página 1 de 1

Fondo
AD

Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

A segunda edición de Fala que Fala, o proxecto educativo e multimedia impulsado por Radio Líder coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, pechouse este mércores na Cidade da Cultura de Galicia cunha gran gala na que participaron preto de 600 alumnas e alumnos de oito centros educativos galegos. O evento, celebrado no Edificio Fontán, converteuse nunha auténtica festa da lingua galega, da creatividade e da música feita pola mocidade. Durante o acto, o alumnado dos diferentes institutos e colexios […]

today28 mayo, 2026

Destacado

O actor e humorista David Amor chama á mocidade a implicarse na defensa do galego

O actor, humorista e exdeportista galego participou nunha charla co alumnado do IES Luis Seoane de Pontevedra, onde reflexionou sobre a lingua, a infancia e a súa traxectoria profesional Redacción, 18 de novembro de 2025.- O coñecido actor, cómico e exxogador de balonmán David Amor protagonizou unha amena e profunda conversa co alumnado do IES Luis Seoane de Pontevedra no marco do programa Fala que fala, emitido por Radio Líder en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua. O encontro, entre […]

today18 noviembre, 2025

Fala que Fala

David Amor, convidado este martes no ‘Fala que Fala’ dende o IES Luís Seoane de Pontevedra

O espazo radiofónico de Radio Líder promove o uso do galego entre a mocidade cunha emisión en directo chea de humor, música e participación estudantil. O programa Fala que Fala de Radio Líder, coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, fará parada este martes 11 de novembro en Pontevedra para emitir unha edición especial desde o IES Luís Seoane. De 10:00 a 12:00 horas, o centro educativo converterase nun espazo de celebración da lingua galega, con entrevistas, música, humor e […]

today10 noviembre, 2025 2

Destacado

Aberto o prazo de inscrición para a segunda edición de Fala que Fala

Os centros educativos galegos con alumnado da ESO poderán inscribirse ata o 9 de outubro para optar a participar nun proxecto que une radio, redes sociais e dinamización da lingua. Tras o éxito da súa primeira edición, o proxecto educativo Fala que Fala, promovido por Radio Líder e a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, regresa co curso 2025-2026 cunha proposta renovada que aposta pola innovación e o aumento da participación. A iniciativa, dirixida ao alumnado da ESO […]

today30 septiembre, 2025

Destacado

‘Fala que Fala’ regresa para darlle voz ao galego entre a mocidade

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2025 – Tras o éxito acadado na súa primeira edición, o proxecto educativo Fala que Fala, promovido por Radio Líder e a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, regresa cunha nova edición que aposta pola innovación e o aumento da participación. A iniciativa combina radio escolar, redes sociais e dinamización lingüística como ferramentas para achegar a lingua galega á mocidade dun xeito creativo, moderno e participativo. Dirixido ao alumnado da ESO […]

today26 septiembre, 2025

Destacado

Fala que Fala visita este martes o IES Faro das Lúas en Vilanova de Arousa

O proxecto educativo Fala que Fala, impulsado por Radio Líder en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, chega mañá martes ao IES Faro das Lúas en Vilanova de Arousa. O programa emitirase en directo das 10:00 ás 12:00 horas, cun formato dinámico e participativo que busca achegar o galego á mocidade a través da radio. O alumnado de 1º e 2º da ESO terá como convidado a Nolo Chazo, director da Escola de Artes Caliveras, músico e socio da Taberna Cultural A Cofradía. A súa traxectoria no eido cultural e artístico […]

today2 junio, 2025

AD