A Feira da Sidra da Estrada pulveriza todas as marcas de participación, afluencia e litros escancia
Con máis litros, máis vasos, máis lagares e máis metros de barra que nunca, a resposta masiva do público volve esgotar existencias. A Estrada, 6 de xuño de 2026.- Se unha imaxe vale máis que mil palabras, a estampa da Praza da Constitución neste mediodía describía á perfección a dimensión acadada pola Feira da Sidra da Estrada, que volveu superar todas as súas marcas para vivir xustamente o que prometía: unha edición de récord. Xa dende a apertura, ás 12.00 […]