A Festa do Percebe do Roncudo busca frear o macrobotellón e recuperar o espírito mariñeiro
O alcalde José Manuel Mato anuncia un novo rumbo na Festa do Percebe do Roncudo, con máis foco no produto, unión institucional e recoñecemento aos mariscadores: “Non é só festa, é identidade”. Este sábado, a pequena vila mariñeira de Corme (Ponteceso) convértese no epicentro gastronómico de Galicia coa celebración da 33ª edición da Festa do Percebe do Roncudo, unha cita que leva máis de tres décadas poñendo en valor un dos mariscos máis apreciados do mundo. A través de Radio […]