AD

festa do queixo

19 Resultados / Página 1 de 3

Fondo
AD

Comarca

Todo listo para a Festa do Queixo: “É a fin de semana máis importante do ano para Arzúa”

  O actor Federico Pérez será o encargado de abrir unha celebración que cumpre 51 anos e que aspira a superar os 50.000 visitantes nunha fin de semana clave para o municipio Arzúa volverá converterse esta fin de semana na capital indiscutible do queixo galego coa celebración da súa cita máis emblemática, a Festa do Queixo, que alcanza xa a súa 51ª edición. O actor Federico Pérez será o encargado de pronunciar o pregón inaugural nunha edición que o Concello […]

today27 febrero, 2026

Comarca

TGM Toldos Gómez e Queixería Barral reforzan o seu compromiso coa Festa do Queixo de Arzúa

Arzúa, 10 de febreiro – A Festa do Queixo de Arzúa dá un paso adiante no fortalecemento do seu modelo de colaboración co tecido empresarial local coa renovación e ampliación do patrocinio de TGM Toldos Gómez e Queixería Barral, que repiten e reforzan o seu compromiso asinando un acordo de dous anos como patrocinadores na categoría “Queixazo”. Esta renovación non só supón a continuidade do apoio, senón unha ampliación notable das achegas, tanto a nivel económico como en servizos e […]

today10 febrero, 2026

Comarca

A Deputación mantén o seu compromiso coa Festa do Queixo cun investimento de 120.000 euros

Arzúa, 20 de outubro de 2025.- A Deputación da Coruña e o Concello de Arzúa veñen de asinar o convenio de colaboración correspondente á 50ª edición da Festa do Queixo, celebrada o pasado mes de marzo, cun investimento provincial de 120.000 euros. A achega mantén así o reforzo iniciado o ano anterior, multiplicando por catro o apoio económico da Deputación respecto aos exercicios previos. O acordo foi asinado polo vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, e permitiu […]

today20 octubre, 2025

Actualidad

Récord de expositores e festival sen aforo: así será a 50ª Festa do Queixo de Arzúa

"Poucas festas conseguen chegar aos 50 anos, e estamos facendo un esforzo especial", afirmou o alcalde de Arzúa,  Xoán Xesús Carril, durante unha entrevista en Radio Líder Santiago. A capital do queixo galego prepárase para unha edición moi especial da súa festa máis emblemática, que se celebrará do 14 ao 16 de marzo, con récord de expositores, unha programación ampliada e un festival musical de primeiro nivel. A festa, que honra a tradición queixeira de Arzúa, supón un importante revulsivo […]

today13 marzo, 2025

Actualidad

A Festa do Queixo 2025 presenta a súa programación: a pregoira será a chef Lucía Freitas

A programación da Festa do Queixo 2025 xa é oficial. Nesta edición tan especial, na que se celebra o seu 50.º aniversario, a veciñanza de Arzúa terá un papel protagonista. O domingo estará dedicado a O Son de Arzúa, un espectáculo único que reúne tres agrupacións emblemáticas do municipio: O Bringuelo, a Banda de Música de Arzúa e a Rondalla Moraima, creando unha viaxe sonora que homenaxea a identidade cultural e musical da comarca. Ademais, este ano a identidade gráfica […]

today22 febrero, 2025

Comarca

O Festival do Queixo de Arzúa recupera o acceso libre aos concertos, sen aforo limitado

A Festa do Queixo 2025 culminará a súa programación cunha xornada de domingo dedicada á música de raíz e ao talento local, enmarcada na celebración do seu 50 aniversario. Como acto central, presentarase o concerto exclusivo O Son de Arzúa, unha fusión de tres agrupacións emblemáticas da vila—O Bringuelo, a Banda de Música de Arzúa e a Rondalla Moraima—que ofrecerá un espectáculo musical único. Ademais, a xornada contará coa actuación do prestixioso artista Xisco Feijoo, consolidando unha programación que aposta […]

today17 febrero, 2025

Comarca

Capital Voskov, gañador do Queixo Maquetón 2025

A organización da Festa do Queixo 2025 ten o pracer de anunciar que Capital Voskov é o gañador do concurso Queixo Maquetón 2025, un dos momentos máis destacados da programación cultural da festa. A banda é coñecida pola súa capacidade para mesturar sons innovadores con letras impactantes e enerxía escénica, conquistou ao xurado e ao público, destacando entre unha competición reñida con propostas musicais de gran calidade. Nesta edición, Zeltia Irevire e Supercremalleras completaron a listaxe dos tres finalistas. Estes […]

today28 enero, 2025

Comarca

O PP de Arzúa critica as primeiras xestións da Festa do Queixo, de «forte orientación política»

A xestión da festa deixará de depender de empresas locais para cambiar por unha empresa cun responsable vinculado ó BNG. Non está de acordo co cambio de data por mor do entroido. Arzúa, 27 de xaneiro de 2025.- Tras facerse públicos os primeiros detalles da 50 edición da Festa do Queixo de Arzúa, os populares mostran as súas críticas á xestión da mesma. Tradicionalmente, a Festa do Queixo vense celebrando (salvo algunha excepción) na primeira fin de semana de marzo. […]

today28 enero, 2025

Arte y Cultura

Alberto Alfonso lamenta a decisión «política» de prescindir de Art Music no Festival do Queixo

O director de Art Music, Alberto Alfonso, expresou a súa sorpresa e pesar tras coñecer que a axencia arzúa non seguirá encargándose da organización do Festival do Queixo, evento que leva promovendo durante catorce anos con éxito en Arzúa. A decisión, segundo explica Alfonso, foi comunicada por teléfono por un concelleiro, sen ofrecer ningunha xustificación sólida. “Foi unha decisión política. Despois de todo o esforzo e cariño posto no festival, foi unha sorpresa para nós”, comentou Alfonso durante unha entrevista […]

today20 enero, 2025 2

AD