Mary Quintero xa é Filla Predilecta do Concello de Melide
A fotógrafa, pioneira do sector en Galicia, pechou cunhas palabras o acto institucional e doou dúas pezas ao Concello para a súa exhibición permanente. Un nutrido grupo de veciños e representantes de toda a vila e do mundo da fotografía encheron o Salón de Plenos. A fotógrafa Mary Quintero foi recoñecida esta tarde como Filla Predilecta do Concello de Melide, nun emotivo acto que tivo lugar no Salón de Plenos da casa consistorial. Melide homenaxea así a traxectoria de Quintero, […]