Conclúen as obras de mellora da histórica Fonte da Quenlla en Arzúa
O Concello de Arzúa anuncia a finalización das obras de acondicionamento e recuperación da histórica Fonte da Quenlla, situada no Viso, na parroquia de Santa María. Este proxecto, pensado para preservar e poñer en valor un espazo tan importante para a comunidade, inclúe a restauración dos muros de pedra, o saneamento do sistema de augas, a instalación de bancos integrados e un panel coa lenda da fonte. Begoña Balado, concelleira de Turismo e Promoción Económica, celebrou a recuperación deste espazo: […]