Padrón acollerá o sábado 14 de xuño unha quedada fotográfica con visitas guiadas
• A actividade é gratuíta e está aberta a todas as persoas que queiran participar e dispoñan dunha cámara ou dun móbil • Os participantes asistirán a un faladoiro sobre fotografía e visitarán a vila, o xardín botánico, o convento de Herbón e a Casa de Rosalía • As inscricións están xa abertas na páxina web de Padrón Turismo Padrón. 21-5-2025.- A comunidade de creadores de fotografía e vídeo Fotowalk Galicia e Padrón Turismo programan unha quedada fotográfica para o […]