AD

frades

32 Resultados / Página 2 de 4

Fondo
AD

Comarca

Máis de 600 persoas participaron na Festa e Concurso de Disfraces de Frades

As familias das tres Casas Niño do municipio levaron o primeiro premio do Concurso de Disfraces deste ano 3 de marzo de 2025.- Máis de seiscentas persoas encheron na tarde/noite de onte domingo o pavillón polideportivo de Ponte Carreira durante a Festa e o Concurso de Disfraces do Concello de Frades. As persoas asistentes desfrutaron de inchables, obradoiros de maquillaxe, un concorrido fotomatón de Entroido e animación musical, coa aparición especial de Patricio, compañeiro de Bob Esponja, con quen toda […]

today3 marzo, 2025

Comarca

Frades homenaxea aos seus maiores dedicándolles o Almanaque 2025

14 de xaneiro de 2025.- O Concello de Frades vén de repartir o Almanaque 2025 en todas as vivendas do municipio. Un calendario que este ano leva como título “Ser maior en Frades” como “unha homenaxe do Concello de Frades aos seus maiores e a toda a xente que traballa ao seu carón, presentando tamén todos os servizos que se ofertan para facerlles a vida máis levadeira e que non teñan que saír da súa contorna”, explica o alcalde, Roberto […]

today14 enero, 2025

Comarca

Frades pide o reforzar o plantel da Garda Civil e resolver as deficiencias na casa cuartel de Oroso

O Pleno aprobou unha moción do PP local a petición deste corpo de seguridade que dá cobertura a Oroso, Frades e Trazo 29 de novembro de 2024.- O Concello de Frades instará ao Ministerio do Interior a reforzar e cubrir as baixas da plantilla da Garda Civil de Oroso, que presta servizo aos municipios de Frades, Oroso e Trazo. Así mesmo, pediralle a Interior que acometa reformas na casa cuartel orosá que resolvan as deficiencias estruturais do inmoble ou que […]

today29 noviembre, 2024

Comarca

Oitenta veciños de Frades visitaron San Andrés de Teixido grazas ao Concello

28 de outubro de 2024.- Un total de oitenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha excursión a San Andrés de Teixido, Cedeira, Valdoviño e Sada organizada polo Concello de Frades. Unha saída que tivo lugar o pasado sábado 26 de outubro e no que a expedición estivo encabezada polo concelleiro de Cultura, Juan Carlos Portos Bra. A expedición saíu de Frades ás 8:00 horas para así chegar a tempo de asistir á misa na capela de San Andrés de […]

today28 octubre, 2024

Actualidad

O Abellá Feminino denuncia a súa expulsión da 2ª División pola Federación: «É inxusto»

O S.E. Abellá Feminino foi recentemente expulsado da Segunda División pola Federación Galega de Fútbol de cara á tempada 2024-2025. A decisión, que se basea unicamente no criterio de proximidade xeográfica, deixou ao equipo fóra da competición a pesar da súa antigüidade e traxectoria ininterrompida na categoría. O club critica duramente que non se teña en conta este criterio, aplicable noutros casos como na Terceira División, e considera que foi tratado de maneira inxusta. Nun comunicado oficial, o S.E. Abella […]

today13 septiembre, 2024 2

Comarca

Frades celebrará un festival de maxia o 21 e 22 de setembro en Ponte Carreira

O Concello de Frades, en colaboración coa Mancomunidade de Ordes e a Xunta de Galicia, organiza a primeira edición do Festival de Maxia Concello de Frades. Terá lugar na praza pública de Ponte Carreira o sábado 21 e o domingo 22 de setembro, coincidindo coa celebración da terceira edición da Festa Rural. O I Festival de Maxia Concello de Frades arrincará ás 20:00 horas do sábado cunha gala inaugural na que actuarán os magos Samuel Moreno, Roberto Lolo e Mago […]

today10 septiembre, 2024

Actualidad

Frades sufraga con 6.500 € a compra de lentes, audífonos e próteses dentais de persoas maiores

11 de xullo de 2024.- O Concello de Frades vén de entregar as axudas para gastos oftalmolóxicos, auditivos ou odontolóxicos concedidas a persoas maiores de 65 anos e/ou cun grado de discapacidade igual ou superior ao 33% e cuns ingresos inferiores ao 90% do IPREM (540 euros). Unha convocatoria pioneira e da que se beneficiaron un total de cinco veciños e veciñas de Frades, que recibiron unha achega total de 6.530 euros. O concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro, visitou esta […]

today11 julio, 2024

Actualidad

«Os concellos de menos de 1500 habitantes deberían considerar a fusión»

Nunha recente entrevista con Radio Líder Santiago, Roberto Rey, alcalde do Concello de Frades, destacou a riqueza natural do municipio e a súa excelente ubicación entre Santiago e A Coruña, con boas conexións a autoestrada. A pesar de non estar no Camiño de Santiago, Frades ofrece unha gran oferta natural con catro ríos e cinco áreas recreativas acondicionadas como merendeiros. Rey, alcalde dende 2012 e reelecto en 2015, 2019 e 2023 por maioría absoluta, subliñou a importancia da colaboración con […]

today10 julio, 2024

Actualidad

Frades destina máis de 33.000 euros en axudas ás entidades sen ánimo de lucro do municipio

O Concello de Frades vén de convocar as axudas económicas a entidades culturais, clubs deportivas, asociacións de veciños e calquera outra entidade de interese social que fomente a participación cidadá na vida municipal (Anpa, Asociación de Mulleres Rurais, grupos folclóricos...). Unhas axudas ás que destinará un total de 33.450 euros e que poden solicitarse durante o prazo dun mes, a contar dende o mércores 19 de xuño. O alcalde, Roberto Rey, explica que “os criterios que se aplicarán para a […]

today20 junio, 2024

AD