Galetiktokers ábrese a tódalas franxas de idade para motivar á creación de contido en galego
O alcalde de Ames e responsable do departamento de Normalización Lingüística, Blas García, destacou que “o máis importante desta iniciativa é a defensa da nosa lingua e que as redes se enchan de participación e vídeos en galego. É importante que se vexa que en galego podes perfectamente crear contidos e que ademais hai espazos onde se poden ver as túas creacións, os teus vídeos. Ninguén debe de ter vergoña por crear contido para a rede en galego, ao contrario” […]