O fotógrafo Toño Villar consegue unha Mención de Honra nos International Photography Awards
A imaxe foi tomada nas últimas luces do día e capta un denso mar de néboa baixa que envolve a paisaxe chá que caracteriza a Castela A Mancha, creando unha sensación de flotabilidade e misterio. A paleta de tonalidades é cálida ao mesturarse cos tons violáceos do atardecer. Toda esta composición convenceu ao xurado internacional dos IPA Toño Villar naceu en Noia, mais reside en Teo e ten o seu estudo fotográfico en Bertamiráns. O fotógrafo conta con máis de […]