AD

Actualidad

O fotógrafo Toño Villar consegue unha Mención de Honra nos International Photography Awards

today3 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD

A imaxe foi tomada nas últimas luces do día e capta un denso mar de néboa baixa que envolve a paisaxe chá que caracteriza a Castela A Mancha, creando unha sensación de flotabilidade e misterio. A paleta de tonalidades é cálida ao mesturarse cos tons violáceos do atardecer. Toda esta composición convenceu ao xurado internacional dos IPA

Toño Villar naceu en Noia, mais reside en Teo e ten o seu estudo fotográfico en Bertamiráns. O fotógrafo conta con máis de 15 anos de traxectoria nesta arte e está especializado en fotografía de voda e documental. O seu traballo caracterízase pola naturalidade, o uso da cor e unha narrativa visual particular

Ames, 3 de setembro de 2026.- O fotógrafo Toño Villar, con estudio en Bertamiráns, foi recentemente galardoado cunha Mención de Honra na última edición dos International Photography Awards (IPA), un dos certames de fotografía máis importantes e competitivos do panorama fotográfico global. O traballo premiado, titulado “Niebla en Consuegra”, destaca por ter unha visión poética e sobrecolledora dos emblemáticos muíños de vento de Consuegra, en Toledo.

A imaxe foi tomada nas últimas luces do día e capta un denso mar de néboa baixa que envolve a paisaxe chá que caracteriza a Castela A Mancha, creando unha sensación de flotabilidade e misterio. A paleta de tonalidades é cálida ao mesturarse cos tons violáceos do atardecer. Toda esta composición convenceu ao xurado internacional dos IPA.

Toño Villar demostrou coa súa obra unha capacidade exquisita para reinterpretar unha paisaxe clásica desde unha perspectiva vangardista e evocadora. A imaxe foi seleccionada entre decenas de miles de propostas presentadas por profesionais e talentos emerxentes de máis dun centenar de países de todo o mundo.

Os International Photography Awars celebran anualmente os logros acadados polos fotógrafos máis destacados do mundo. Un xurado internacional composto por editores, conservadores de arte, directores creativos e expertos na industria fotográfica avalía as obras baseándose na súa creatividade, composición e excelencia técnica.

Sobre o fotógrafo

Toño Villar naceu en Noia, mais reside en Teo e ten o seu estudo fotográfico en Bertamiráns. O fotógrafo conta con máis de 15 anos de traxectoria nesta arte e está especializado en fotografía de voda e documental. O seu traballo caracterízase pola naturalidade, o uso da cor e unha narrativa visual particular.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *