A Estrada acolle este sábado a 200 deportistas na gala infantil de judo base
Aproveitando a montaxe para as exhibicións, realizaranse tamén os exames de cintos de deportistas pertencentes a categorías superiores. A Estrada, 4 de xuño de 2025.- Arredor de 200 deportistas participarán este sábado, 7 de xuño, na sétima edición da Gala Infantil de Kyus, unha cita de judo base na que os asistentes optarán ao cambio de grao como broche da tempada. A gala abrangue participantes dende os 3 anos ata a categoría alevín. Ademais, aproveitando a montaxe que se efectuará […]