Neves Rodríguez dará na Estrada o pregón das Letras Galegas
Será ás 11.00 horas diante do monolito a Marcial Valladares. A obra “As mil e unha” repasará o xoves a traxectoria da xornalista Begoña Caamaño. A comunicadora, actriz e presentadora Neves Rodríguez foi e escollida este ano para dar lectura ao pregón das Letras Galegas na Estrada, nun 17 de maio que coincide no municipio coa celebración da Festa do Salmón. Será a tamén a condutora do espazo “É de mañá”, na emisora municipal Radio Estrada, a encargada de dirixirse […]