Concurso fotográfico LGTBIQ+ dentro da campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza a primeira edición do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca dentro da campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. O obxectivo é a loita contra a discriminación e promover a igualdade e a diversidades con respecto á comunidade LGTBIQ+. O prazo de entrega das fotografía vai do 10 ao 24 de xuño. Permítese unha participación por persoa, que debe ser enviada xunto co seu número de teléfono, […]