A Baña celebra un Magosto o sábado 18 de outubro
A Baña.8-10-2025.- O sábado 18 de outubro, o Concello da Baña convida a toda a veciñanza a gozar do tradicional Magosto, nunha tarde de convivencia e festa que combinará maxia, música e castañas asadas. A partir das 17.00 horas, na Escola de Música Emilio Andújar, celebrarase unha xornada pensada para todas as idades. O Mago Teto abrirá a tarde cunha actuación chea de ilusións e humor. Despois, as persoas asistentes poderán degustar castañas asadas de balde, e para rematar a […]