AD

Actualidad

María Rozas: “A Maker Faire Galicia móstranos o moito que valemos como país e o pouco que aínda o sabemos”

today9 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude salientou que o programa “está cheo de persoas talentosas e proxectos inspiradores que son 100% galegos, e que nos mostran o moito que valemos como país e o pouco que aínda o sabemos”.

María Rozas salientou que “cada xornada da Maker Faire Galicia descúbrenos persoas ás que admirar e proxectos valentes e innovadores, que falan do enorme talento que temos en Galicia e de como se canaliza en iniciativas que axudan a construír un mundo mellor”. A tenenta de alcaldesa puxo en valor que “os relatores e relatoras que hoxe pasarán pola Casa das Máquinas son persoas moi novas, que nos traen moita esperanza para o futuro”. Tamén destacou a presenza de moitas mulleres “en ámbitos que ata non hai tanto eran exclusivos dos homes, e por iso esta Maker Faire é unha inspiración para as novas xeracións”.

Talento galego espallado polo mundo

A Xornada da Industria da Maker Faire Galicia xira arredor de catro tecnoloxías estratéxicas: a neurotecnoloxía, a biotecnoloxía, a intelixencia artificial e a computación cuántica. No programa participan relatores e relatoras galegas, que desenvolven os seus proxectos ben en Galicia ou ben noutros países do mundo. No cartel deste ano, destacan nomes tanto no ámbito da investigación como do emprendemento como Elena Martínez, cofundadora do grupo BlueGea que xera valor a partir do sargazo, unha alga invasora que destrúe os ecosistemas mariños; Beatriz Pelaz, lider do grupo BioNano Tools no CIQUS da Universidade de Santiago; Eva Somolinos, directora executiva de Synestec; Daniel Seijo, cofundador de Hawkings Education que aplica a intelixencia artificial á xeración de contidos educativos; ou Gonzalo Blázquez; experto en tecnoloxía cuántica.

Ademais dos relatorios, a xornada conta cunha selección dos mellores proxectos de todos os presentados ao “call for makers”, que compartirán coñecemento con todos os asistentes e participarán no xa tradicional pitch de proxectos. Ademais haberá unha mesa de talento emerxente, con investigadores e emprendedores que destacan por ir á vangarda no seu sector como María de la Fuente de Diversa, Guillermo Díaz do CESGA, Iria Ollero de Inmersiva e Pablo Cabanelas de Neutron Insights.

A Maker Faire Galicia conta co apoio do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, a través do IGAPE, o Clúster TIC Galicia e Servicio Móvil e organízase e opera de forma independente baixo a licenza de Make Community LLC, mantendo o seu compromiso de fomentar a creatividade, a innovación e o talento na comunidade maker.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *