O Pino reafirma a súa identidade rural cunha multitudinaria Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar
O evento, declarado de Interese Turístico de Galicia, reuniu 70 exemplares na feira avícola e serviu 200 kg de galo no xantar popular O conselleiro José González Vázquez destaca o compromiso co medio rural e as razas autóctonas no pregón oficial Carmen Barral foi a gran triunfadora cunha colleita de seis trofeos na Feira de Galos e Galiñas de Raza Piñeira O Pino. 3-8-2025.- O Concello do Pino celebrou esta fin de semana a XXIV edición da Festa do […]