A mediados de setembro comezarán as obras de reforma do Museo Reimóndez Portela
Suporán unha actualización do recinto despois de máis dunha década de peche ao público. Os traballos teñen asociado un orzamento de 50.000 euros e durarán varias semanas, incorporando o patio exterior do inmoble ao percorrido e discurso museístico. “Na semana do 15 de setembro será protagonista o inicio das esperadas obras do Museo Reimóndez Portela para a sua pronta reapertura. Falamos de obras que teñen que ver coa mellora das súas fachadas, dos paramentos exteriores, tamén da conservación das paredes […]